LETRAS GALEGAS

paz andrade

Naceu en Lérez (Pontevedra). Estudou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ao rematar os seus estudos dirixe o diario 'Galicia' no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Villar Ponte. En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1939 casou con Piar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Na Transición formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elixido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.

Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos xornalísticos. Como xurista mostrou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como Pranto Matricial, Galicia como tarefa, Sementeira do vento, La marxinación de Galicia, El capital como factor do desenvolvemento de Galicia, El sistema económico da pesca en Galicia, Produción e flutuación das pesqueiras, Los dereitos sobre o espazo marítimo. A súa personalidade polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como Pranto Matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciación de Valle Inclán (1967), Transferencias etnolóxicas de Galicia no Brasil Ulterior (1976), e A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1978). Paz Andrade mostra tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego e Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978). Ademais publicou en 1982a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra.

(No video adxunto un poema soñando a volta á terra do seu intimo amigo CASTELAO)

 

 

O Movemento Cidadan "O noso barrio" (Asociación de Mulleres "Dorna" e Centro Cultural "Rueiro") organiza unha charla-coloquio sobre a "Vida e Obra de Valentin Paz Andrade" ca profesora da Universidade de Vigo Rita Paredes. Será o martes 15 de Maio ás 8 da tarde no Salón ce Actos do Centro Parroquial do Cristo da Victoria de Coia.

Tamen, o 16 de Maio ás 10,30 da noite: A NOITE DAS LETRAS GALEGAS, con poesia, contos e música galega.

O 19 de Maio, Concerto a cargo da coral Maria, Nai do Bo Pastor, a 8,30 da tarde na Igrexa do Cristo da Victoria.

O 26 de Maio, teatro, AQUI NON PAGA NINGUEN, polo Grupo Porta Aberta